Obxectivos
Nos últimos anos Os Camiños de Santiago téñense convertido nunha potente ferramenta de desenvolvemento territorial, a partires da posta en valor dun sobranceiro patrimonio cultural, natural e inmaterial.
As demandas dos públicos e usuarios en torno ao Camiño teñen alentado a creación de servizos e produtos innovadores que, a partires das empresas e entidades locais, xeran novas oportunidades no medio rural en termos de emprego, economía, investigación e transferencia de coñecemento.
Encamiñando proponse nesta primeira edición, para profesionais do ámbito público xa involucrados dalgunha maneira na xestión dos camiños e que precisan de novas ferramentas e coñecementos, dadas as complexidades da súa xestión, e as novas normativas e políticas públicas, que afectan a xestión dos camiños.
O obxectivo fundamental é formar especialistas na xestión do territorio no entorno dos Camiños de Santiago e, por extensión, en Itinerarios culturais ou “heritage routes” que contribúan a complementar as estruturas económicas tradicionais, en favor do desenvolvemento territorial, da dinamización do rural e da conservación da paisaxe.
Programa
Encamiñando propón unha metodoloxía integradora, que parte das inquedanzas ou intereses dos alumnos, que se apoia con formación especializada e específica, que se traslada ao terreo en contacto cos axentes que operan nel, que logo se contrastará cos mediadores encargados da súa difusión, e que presenta o resultado final da labor dos participantes co soporte do profesorado e directores do obradoiro e proxectos e actuacións concretas. Esta metodoloxía articúlase en torno a cinco fases:
FASE 1: Formulación propositiva:
Presentación por parte dos participantes dunha proposta ou idea de proxecto que lles dará dereito á inscrición, segundo a calidade, viabilidade e interese da mesma.
FASE 2: Formación intensiva:
Sesións teóricas orientadas a presentar os valores a ter en conta no territorio histórico dos camiños, e que o conforman como unha paisaxe cultural e un “living landscape”. 10 ao 15 de setembro
10 SETEMBRO
10:00 h ORDENACIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. María do Carmen Martínez Ínsua.
Directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
12:00 h XESTIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Eladio Fernández Galiano.
“Special Advisor” do programa de Itinerarios Culturais do Consello de Europa
16:00 h CONSTRUCIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Segundo L. Pérez López.
Deán da Catedral de Santiago
18:00 h COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Rafael Sánchez Bargiela.
Director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
11 SETEMBRO
10:00 h ORDENACIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Juan Naveira Seoane.
Responsable dos sitios de Patrimonio Mundial en Galicia
12:00 h XESTIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Pendente de confirmar
16:00 h CONSTRUCIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Ana Goy Diz.
Catedrática de Historia da Arte da USC
18:00 h COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Mavi Lezcano González.
Especialista en Interpretación do Patrimonio e profesora na Escola Universitaria de Turismo da Coruña
12 SETEMBRO
10:00 h ORDENACIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Carlos Amoedo Souto.
Director da cátedra de dereito local da UDC-Deputación da Coruña
12:00 h XESTIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Mario Crecente Maseda.
Doutor Arquitecto, consultor de turismo e patrimonio e profesor na Escola Universitaria de Turismo da Coruña
16:00 h CONSTRUCIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Antón Álvarez Sousa.
Catedrático de Socioloxía da UDC e presidente do grupo de investigación de Turismo e Ocio da FES
18:00 h COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Carlos Rodríguez Carro.
Secretario Académico e profesor na Escola Universitaria de Turismo da Coruña
13 SETEMBRO
10:00 h ORDENACIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Inés Santé Rivera.
Directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia
12:00 h XESTIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. José Leira López.
Doutor en Socioloxía e profesor no Máster de Turismo da UDC
16:00 h CONSTRUCIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Pendente de confirmar.
18:00 h COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Pendente de confirmar.
14 SETEMBRO
10:00 h ORDENACIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Pablo Ramil Rego.
Doutor en Bioloxía, investigador e director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
12:00 h XESTIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Paul T. Simons.
Arquitecto, consultor en Patrimonio e Turismo e membro do Panel Asesor do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais
16:00 h CONSTRUCIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Manuel Durán Fontes.
Doutor enxeñeiro de Camiños e técnico de EIC DURÁN SL Estudio de Ingeniería Civil y Arquitectura
18:00 h COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DE ITINERARIOS CULTURAIS. Cristóbal Ramírez Gómez.
Xornalista especializado no Camiño de Santiago e experto en divulgación das rutas xacobeas.
FASE 3: Traballo de campo:
Realización do Camiño, combinando a realización de etapas a pe pola mañá coa celebración de clases, mesas redondas e workshops cos axentes presentes no territorio pola tarde. 17 ao 23 de setembro.
17 SETEMBRO
Etapa Ferrol - Neda (14,35 km)
Mesa redonda "Camiño de Santiago e Turismo Rural" (Neda, sede a definir)
18 SETEMBRO
Etapa Neda - Pontedeume (15,36 km)
Mesa redonda "Recursos Naturais e Camiño de Santiago" (Pontedeume, sede a definir)
19 SETEMBRO
Etapa Pontedeume-Betanzos (20,31 km)
Mesa redonda "Espazos Protexidos no Camiño de Santiago" (Betanzos, sede a definir)
20 SETEMBRO
Etapa Betanzos-Presedo (11,8 km)
Mesa redonda "Arte e Camiño" (Presedo - Abegondo, Mesón Museo Xente no Camiño)
21 SETEMBRO
Etapa Presedo-Bruma (16,5 km)
Mesa redonda "Industrias Agroalimentarias no Camiño" (Bruma - Mesía, Casa Graña)
22 SETEMBRO
Etapa Bruma-Sigüeiro (24,13 km)
Mesa redonda "Colaboración entre administracións" (Oroso, sede a definir)
23 SETEMBRO
Etapa Sigüeiro-Santiago de Compostela (16,74km)
Actividade cultural en Santiago de Compostela
FASE 4: Formación estratéxica:
Nova xeira de sesións formativas relacionadas coa dinamización dos camiños e os seus produtos, que permitan aos participantes rematar de perfilar a súa proposta e debatela nas aulas. Do 24 ao 28 de setembro.
24 SETEMBRO
10:00 h - 14:00 h. Presentación por parte do alumnado das súas propostas iniciais de proxecto
16:00 h - 18:00 h. Presentación de dous casos de boas prácticas (a definir)
25 SETEMBRO
10:00 h - 14:00 h. Sesión de traballo titorizada
16:00 h - 18:00 h. Presentación de dous casos de boas prácticas (a definir)
26 SETEMBRO
10:00 h - 14:00 h. Sesión de traballo titorizada
16:00 h - 18:00 h. Presentación de dous casos de boas prácticas (a definir)
27 SETEMBRO
10:00 h - 14:00 h. Presentación final dos traballos por parte do alumnado
16:00 h - 18:00 h. Presentación final dos traballos por parte do alumnado
28 SETEMBRO
10:00 h - 14:00 h. Presentación final dos traballos por parte do alumnado
16:00 h - 18:00 h. Presentación final dos traballos por parte do alumnado
FASE 5: Formulación proxectual:
Tras un tempo de traballo titorizado, elabóranse as propostas finais, que rematarán coa presentación e debate dos traballos realizados e a avaliación dos mesmos.
Os proxectos resultantes serán editados de forma conxunta. Desde a Fundación Juana de Vega colaborarase no desenvolvemento daqueles que sexan de maior interese para a revalorización do rural.
Camiño Inglés
O caso de estudo nesta primeira edición de Encamiñando será o Camiño Inglés. Ao longo de 7 xornadas percorreremos a ruta que tradicionalmente seguían os peregrinos que desde outros puntos da Europa Atlántica chegaban por mar ás nosas costas.
O Camiño Inglés ten dúas alternativas en Galicia, a variante que parte de Ferrol (118 km) e a variante que parte da Coruña (74 km), conectándose ambos trazados na localidade de Bruma. Este Camiño combina parte urbana e rural, o que permitirá aos participantes ter unha visión global das problemáticas e condicionantes na xestión dos Camiños.
Nos últimos anos esta ruta foi obxecto dun intenso labor de acondicionamento e promoción, sendo a ruta que experimentou un maior crecemento proporcional no número de peregrinos rexistrados.
Matricula
Custo de matrícula: 450 € (inclúe, no caso de desexarse, aloxamento e manutención na Fase 3)
Matrícula reducida de 250 € para desempregados ata un máximo de 5. No caso de que se reciba un número de solicitudes de bolsa superior seleccionaranse as mellores propostas.
O curso foi cancelado.
.
Contacto
Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.: 15176 San Pedro de Nós - Oleiros
A Coruña - España
TEL: (+34) 981 654 637
FAX: (+34) 981 652 095
Para máis información info@juanadevega.org ou no teléfono 981 654 637: